A nosa pegada no cole

Visto: 166 veces
Votos
Media: 5 (1 voto)

26/08/2025

Portada do REA3 para a área de Ciencias Sociais de 5º de Educación Primaria

Este é o REA (Recurso Educativo Aberto) número 3 -dun total de 4- elaborado no marco do proxecto cREAgal para a materia de Ciencias Sociais de 5º de Educación Primaria.

A situación de aprendizaxe propón ao alumnado a posibilidade de participar nas decisións sobre o funcionamento do colexio para mellorar a convivencia. Realízanse tarefas de selección e contraste de información procedente de fontes fiables, desenvolvendo competencias de indagación e análise crítica sobre a realidade social e territorial.

O reto consiste en elaborar propostas colaborativas para mellorar o centro educativo. Traballando en equipos, o alumnado identificará necesidades ou oportunidades de mellora na contorna escolar, fundamentará as súas ideas con datos e argumentos e deseñará plans de acción viables. Realizarase unha exposición pública na que se amosará todo o proceso de investigación, as propostas xeradas e as reflexións sobre a participación cidadá e a mellora do ben común.

Guía didáctica

A nosa pegada no cole

Visto: 0 veces
Votos
Media: 5 (1 voto)
2025-08-26
Imaxe

Categoría
Creagal
Galego