Un robot no Universo
Este é o REA (Recurso Educativo Aberto) número 1 elaborado no proxecto cREAgal para a área de Ciencias Sociais de 5º de Educación Primaria.
Ao longo do recurso, o alumnado familiarizarase cos distintos corpos celestes que conforman o universo e aprenderá a localizar puntos na superficie terrestre utilizando as coordenadas xeográficas. Tamén entenderá o concepto de fuso horario e as horas que hai nos distintos puntos da Terra.
A situación de aprendizaxe que desenvolve está orientada á creación dun Museo Espacial que se expoñerá nun espazo do colexio. No proceso, o alumnado tamén coñecerá como é a vida dos astronautas nas estacións espaciais e que son as profesións STEAM.