Naveguemos e voemos!
Este é o REA (Recurso Educativo Aberto) número 1 -dun total de 6- elaborado no marco do proxecto cREAgal para a materia de Bioloxía e Xeoloxía de 1º de Educación Secundaria Obrigatoria.
A situación de aprendizaxe desenvolvida ten como fío condutor o coñecemento da atmosfera, da hidrosfera e da problemática ambiental asociada a estes dous sistemas, cun enfoque competencial orientado á investigación, á análise e á aplicación práctica dos saberes da materia.
No reto proposto, o alumnado identificará as causas e os efectos da crise ambiental e como debemos loitar contra o cambio climático. Os produtos elaborados- póster, infografía ou tríptico visual- poderán empregarse como parte dunha campaña de divulgación e concienciación destinada á comunidade educativa ou á localidade propia do alumnado.