Warhol, es de aquí ou vés á festa?

Visto: 178 veces
Votos
Media: 5 (2 votos)

04/08/2025

Imaxe do REA03 de Educación Plástica e Visual de 5º de educación primaria

Este é o REA (Recurso Educativo Aberto) número 3 —dun total de 3— elaborado no marco do proxecto cREAgal para a materia de Educación Plástica e Visual de 5º de Educación Primaria.

Partindo dos coñecementos adquiridos sobre Andy Warhol e a estética Pop, o alumnado afonda na aplicación práctica de estratexias de composición, uso da cor e debuxo xeométrico. A situación de aprendizaxe propón unha conexión cultural innovadora: relacionar o movemento artístico de Warhol coa identidade e cultura galega, tomando como referencia a conmemoración das Letras Galegas. Mediante actividades de creación individual e grupal, os estudantes elaboran deseños orixinais que fusionan a linguaxe visual contemporánea co patrimonio literario e cultural propio.

O reto consiste en organizar e montar unha feira artística no centro educativo, onde se expoñan as producións elaboradas polo alumnado. Cada equipo deberá deseñar o espazo expositivo, preparar fichas explicativas das obras e asumir roles de guía para acompañar nas visitas á comunidade educativa.

Guía didáctica

Warhol, es de aquí ou vés á festa?

Visto: 0 veces
Votos
Media: 5 (2 votos)
2025-08-04
Imaxe

Categoría
Creagal
Galego