Un concello para nós
Este é o REA (Recurso Educativo Aberto) número 4 -dun total de 6- elaborado no marco do proxecto cREAgal para a materia de Lingua Galega e Literatura de 5º de Educación Primaria.
Nesta situación de aprendizaxe, o alumnado explora a expresión de experiencias persoais a través de diferentes formatos textuais: diarios, biografías, descricións de persoas e narracións en primeira persoa. A situación de aprendizaxe traballa aspectos gramaticais específicos como o verbo (raíz e desinencias), o uso diferenciado de "b" e "v", e a concordancia temporal.
O reto consiste en deseñar e producir xogos interactivos baseados en historias persoais. Cada equipo creará un xogo de mesa no que as cartas, probas ou retos estean vinculados a narracións biográficas ou descritivas.