¡Tú sí que vales!
Este é o REA (Recurso Educativo Aberto) número 4 -dun total de 6- elaborado no marco do proxecto cREAgal para a materia de Lingua Castelá e Literatura de 5º de Educación Primaria.
A situación de aprendizaxe contextualízase na conmemoración do Día da Poesía. Partindo da análise de poemas modelo, o alumnado explora recursos literarios como a rima, o ritmo, as imaxes sensoriais e a expresión emocional. Foméntase a lectura en voz alta, a interpretación persoal dos textos e a revisión colaborativa das producións escritas, traballando tanto a competencia lingüística como a creativa e a autoestima na exposición pública.
O reto consiste en compoñer en equipo unha poesía orixinal para recitar nun certame literario. Cada grupo deberá crear un texto poético que cumpra uns criterios establecidos (temática, extensión, recursos literarios), ensaiar a súa posta en escena atendendo á dicción, a entoación e a linguaxe corporal, e presentalo ante un xurado ou público.