Ciberagentes en acción

Visto: 500 veces
Votos
Media: 4.5 (4 votos)

16/05/2025

Imaxe da portada do REA 1 de Lengua castellana y literatura de 5º de Educación Primaria

Este é o REA (Recurso Educativo Aberto) número 1 -dun total de 6- elaborado no marco do proxecto cREAgal para a materia de Lingua Castelá e Literatura de 5º de Educación Primaria.

A situación de aprendizaxe integra contidos de Ciencias da Natureza e Ciencias Sociais para abordar temas como a protección de contrasinais, a prevención do phishing e os riscos de compartir información sensible en liña. Mediante a análise de casos prácticos e a simulación de situacións reais, o alumnado aprende a comunicarse de forma clara e segura na contorna dixital, desenvolvendo simultaneamente competencias lingüísticas orais e dixitais.

O reto final consiste en deseñar e producir un xogo de mesa educativo sobre seguridade en Internet, acompañado dun videotitorial creado polo propio alumnado. O xogo debe ensinar, de forma lúdica e atractiva, as normas básicas para navegar de xeito seguro, identificar situacións de risco e actuar de forma responsable.

Guía didáctica

Ciberagentes en acción

Visto: 0 veces
Votos
Media: 4.5 (4 votos)
2025-05-16
Imaxe

Categoría
Creagal
Galego