Arte-Metría

Visto: 0 veces
Votos
Media: 5 (3 votos)
2025-10-28
Imaxe
Imaxe do REA08  de Matemáticas de 6º de Educación Primaria

Este é o REA (Recurso Educativo Aberto) número 8 elaborado no proxecto cREAgal para a materia de Matemáticas de 6º de Educación Primaria.

A situación de aprendizaxe desenvolve o bloque sentido espacial, da materia de matemáticas de 6º de primaria, a través da arte, utilizando, principalmente, os cadros de Kandinsky. Estúdanse as figuras planas e as súas propiedades; propoñendo a creación dun cadro en equipo que integre estes coñecementos.

Ademais, inclúense outros autores e autoras, para ampliar o estudo do plano ao espazo e deseñar, como reto final, un portalápices cuxas caras inclúan a obra creada

Categoría
Creagal
Galego