O nacemento de Europa
Entramos no estudo propiamente dito da morfoloxía. Igual que en latín, debes coñecer os paradigmas de cada declinación ou conxugación. Para iso é conveniente escribilos varias veces con exemplos distintos dos que veñen nesta guía, así como observar os trazos característicos dunha declinación, como, por exemplo, que o nominativo e vocativo de singular son case sempre iguais, que o acusativo case sempre remata en -n, que os xenitivos de plural rematan en -wn, etc.