A política, arte da convivencia

Visto: 0 veces
2013-06-26

Nesta unidade, en lingua, imos continuar coa terceira declinación con nomes en vogal e ditongo e tamén con adxectivos da terceira; imos estudar a estrutura e complementos dunha oración simple e composta. En legado, vas coñecer as orixes da traxedia, as súas partes e aos creadores desta en Atenas, e as institucións políticas que rexían as dúas polis dominantes en época clásica, Atenas e Esparta.

A lírica, sentimento e pensamento poéticos.

Visto: 0 veces
2013-06-26

O Tempo, dono e señor do universo, devoraba ao seu paso a todas as súas criaturas. Moitos nobres e extraordinarios fillos naceron deste pai desapiadado, pero ningún escapaba á súa vontade destrutora. Ata que un día un deles, o Pensamento, ideou un arma poderosísima para eludir a ira paterna. Chamou ao seu invento escritura e con ela someteu e destronou ao seu proxenitor. A escritura é o escudo do pensamento contra a voracidade do tempo. Nesta unidade tes unha detallada información para ver ata que punto se cumpre a historia anterior.

O nacemento de Europa

Visto: 0 veces
2013-06-26

Entramos no estudo propiamente dito da morfoloxía. Igual que en latín, debes coñecer os paradigmas de cada declinación ou conxugación. Para iso é conveniente escribilos varias veces con exemplos distintos dos que veñen nesta guía, así como observar os trazos característicos dunha declinación, como, por exemplo, que o nominativo e vocativo de singular son case sempre iguais, que o acusativo case sempre remata en -n, que os xenitivos de plural rematan en -wn, etc.

Física nuclear

Visto: 0 veces
2013-06-25

Unidade didáctica de Física e Química para o 2º curso de Bacharelato a distancia elaborada polo IES San Clemente.

1. Núcleo atómico
2. Desintegración radioactiva:emisións radioactivas.Constante de desintegración, vida media e actividade.
3. Forzas nucleares e enerxía de enlace no núcleo:Forzas nucleares.Enerxía de enlace por nucleón.
4. Reaccións nucleares:Fisión nuclear. Fusión nuclear.
5. Aplicacións da radiación e riscos ambientais.
6. Partículas elementais e interaccións fundamentais.

Óptica xeométrica

Visto: 0 veces
2013-06-25

Unidade didáctica de Física e Química para o 2º curso de Bacharelato a distancia elaborada polo IES San Clemente.

Conceptos básicos. Dioptrios e espellos. O ollo como instrumento óptico. Instrumentos ópticos. Estudio cualitativo de diferentes fenómenos do espectro visible.