Laboratorio Xeométrico. Visión holográfica
Materia: Matemáticas
Descrición: Contido audiovisual interactivo baseado en hologramas que permite a visualización en 3D e en movemento de figuras xeométricas, dos seus elementos interiores e da animación dos seus despregues. Acompáñase dunha guía para a creación manual da pirámide holográfica que permite a proxección dos hologramas. Esta pirámide pode construirse de forma sinxela con elementos reciclados.
Tipo de recursos:
- Visor holográfico.
Número de sesións estimadas: 1.
Cálculo de volumes. Cociña Xeométrica
Materia: Matemáticas
Descrición: Contido dinámico que permite iniciar ao alumnado no cálculo de volumes das figuras xeométricas a través da elaboración de comidas con formas xeométricas, seguindo paso a paso a súa receita para comprender o proceso de cálculo de volumes.
Trabállase as fórmulas matemáticas, os elementos das figuras que interveñen no cálculo e as unidades para os seguintes corpos xeométricos: prisma triangular, prisma pentagonal, prisma hexagonal, pirámide cuadrangular, cono, cilindro e esfera.
Pasaporte emocional. Viaxe emocionante (ESO)
Materia: Benestar emocional na aula
Descrición: Contido dinámico e interactivo que permite ao alumnado traballar distintas competencias emocionais, intrapersoais e sociais a partir dunha viaxe a distintos escenarios reais nos que irá superando retos. Emprégase a arte, a historia e a narrativa para profundar no traballo introspectivo do alumnado, así como para fomentar debate e pensamento crítico.
Tipo de recursos:
Os procesos electorais: aspectos comúns.
Primeira unidade dun conxunto de 8, que se artella arredor de dous elementos principais: o sistema electoral e a tipoloxía textual. O tratamento conxunto de ambos aspectos permiten abordar unha temática pertencente á esfera da realidade da participación do alumnado na sociedade, a través dos tipos de textos que tratan ese tema.
As matemáticas na MarumaSat 4º ESO
Materiais en formato dixital para traballar na aula certos bloques de contidos das materias STEM: ciencias, tecnoloxía e matemáticas necesarios para levar a cabo o proxecto didáctico NOSA-MarumaSat: Axencia Espacial Escolar Galega
As ciencias na MarumaSat
Materiais en formato dixital para traballar na aula certos bloques de contidos das materias STEM: ciencias, tecnoloxía e matemáticas necesarios para levar a cabo o proxecto didáctico NOSA-MarumaSat: Axencia Espacial Escolar Galega
O escuadrón da morte. Misión salvar o mundo.
Hai moitos, moitos anos, nun planeta moi moi próximo, o Centro Internacional de Intelixencia procura persoas o suficientemente valentes para formar un Escuadrón que sexa quen de atopar aos matemáticos máis importantes do momento e poidan salvar o mundo dunha morte inminente. A tarefa será dura, pero a recompensa valerá a pena. Atréveste?
Laboratorio Xeométrico. Áreas
Materia: Matemáticas
Descrición: Laboratorio xeométrico 3D para o estudo das áreas dos corpos xeométricos e a representación manipulativa dos seus despregues.
Nun modelo de representación 3D, que facilita o desenvolvemento da visión espacial, o alumnado poderá construir o despregue das figuras localizando e ubicando as pezas que o conforman, e aplicará as fórmulas necesarias para calcular as áreas dos distintos corpos xeométricos.
Tipo de recursos:
Laboratorio Xeométrico. Iniciación aos corpos xeométricos
Materia: Matemáticas
Descrición: Laboratorio virtual 3D para o estudo desde cero da xeometría no espazo, mediante a exposición a distintos retos que permiten practicar e experimentar para interiorizar os conceptos.
Nun modelo de representación 3D, que facilita o desenvolvemento da visión espacial, o alumnado aprenderá a identificar as familias de figuras, a forma, o nome e os elementos de cada figura xeométrica e os eixes de revolución dos corpos de revolución.
Tipo de recursos: