Unidade didáctica: A Primeira Guerra Mundial
A Primeira Guerra Mundial (1914-1918) foi un conflito devastador que acabou por transformar profundamente a orde mundial. Supuxo unha traxedia humana sen precedentes, marcou o remate dunha etapa histórica e puxo os alicerces para novos enfrontamentos no futuro. O seu estudo convida a reflexionar sobre a fraxilidade da paz e a necesidade de preservala.
Liberté, égalité, diversité et inclusion
Liberté, égalité, diversité et inclusion organízase en cinco unidades didácticas que permiten practicar a comprensión, a mediación e a produción orais e escritas en lingua francesa a partir da vida e da obra de persoas francófonas con diversidade funcional, e que son exemplos de inclusión nos seus ámbitos vitais e profesionais.
Proxecto BauGal_LINGUA_ODE 5_ Menos é máis
"Menos é máis" propón unha aproximación crítica e creativa ao mundo da publicidade. Partindo da análise de anuncios reais e da observación do uso social da linguaxe, o alumnado descubrirá como os discursos publicitarios inflúen nas nosas emocións, valores e formas de pensar. A través de actividades motivadoras —como a análise de carteis, xogos léxicos ou a creación de campañas propias— traballarase a linguaxe persuasiva, o poder das imaxes e a función dos neoloxismos na sociedade actual.
Proxecto BauGal_LINGUA_ODE 4_ Mover os marcos
"Mover os marcos" busca preparar as persoas estudantes para a súa inserción no mundo laboral desde unha perspectiva comunicativa e activa.
A través da elaboración de documentos clave como o CV, a carta de presentación, o correo electrónico formal ou a entrevista de traballo desenvolveranse tamén competencias transversais como a expresión oral, a capacidade de argumentación, a autocoñecemento e a sensibilización co patrimonio cultural.
Proxecto BauGal_LINGUA_ODE 3_ O mellor de cada casa
Todos os días recibimos información: nas redes, na tele, no móbil, nas conversas da clase... pero sabemos quen está detrás do que lemos ou escoitamos? Podemos fiarnos de todo o que circula nos medios de comunicación?
En "O mellor de cada casa" imos poñerlle voz a esas mulleres que fixeron cousas importantes… pero que foron esquecidas. E imos facelo como se fai no xornalismo: investigando, escribindo, entrevistando e compartindo a información.
Proxecto BauGal_Lingua_ODE2_A cidade é nosa
En "A cidade é nosa" imos comezar unha viaxe distinta. Unha viaxe na que as palabras teñen poder, na que a nosa voz pode influír no mundo que nos rodea. Nesta secuencia didáctica, propoñémosvos mirar de fronte o lugar onde vivimos: as rúas, as prazas, os parques... e preguntarnos: Como podería ser mellor? Que podemos facer nós para cambialo?
Proxecto BauGal_Tecno_ODE6: O paseo de Jane
O Paseo de Jane é unha situación de aprendizaxe interdisciplinar que conecta as materias de Lingua Galega e Literatura e Tecnoloxía para invitar o alumnado a reflexionar sobre o lugar onde vive, analizando a cidade ou vila desde unha mirada crítica, sensible e creativa.
Trátase dunha unidade de repaso e aplicación de todos os ODE do proxecto BauGal. Deseñando un "Paseo de Jane" poñeremos en práctica o aprendido nas situacións, avaliando o proxecto global.
Proxecto BauGal_ LINGUA_ODE 1: O mundo que habitamos
A vivenda é un reflexo da cultura, da historia e do modo de vida dunha sociedade. En Galicia, a arquitectura tradicional presenta unha gran diversidade, desde as casas labregas ata as vivendas mariñeiras ou os pazos.
En "O mundo que habitamos" o alumnado de 4º de ESO explorará a riqueza léxica vencellada á vivenda galega, ao tempo que afonda no estudo dos tipos de texto, as súas propiedades e, en especial, o texto descritivo.
Proxecto BauGal_Tecno_ODE5: Menos é máis
Penúltima secuencia do proxecto de arquitectura bioclimática BauGal enfocada á documentación e divulgación do resultado do proxecto elaborado na secuencia anterior e vencellando este traballo co mundo laboral.
Son obxectivos específicos:
-
Adquirir conciencia do papel da publicidade no noso sistema económico-social e coñecer ferramentas dixitais para deseñar e difundir a nosa propia marca (branding).