A Europa do Antigo Réxime

Visto: 0 veces
2014-04-08

Unidade didáctica para o módulo 3 do ámbito social da Educación Secundaria de Adultos, na modalidade de educación a distancia semipresencial. Elaborada en eXeLearning.

Esta unidade aborda a transición desde o feudalismo ao capitalismo, nun percorrido pola historia dos séculos XVI, XVII e XVIII. Estes cambios non se producen dun xeito uniforme en Europa e menos no contexto mundial, onde a presenza de pobos que aínda viven na prehistoria marca un forte contraste no devir histórico da historia moderna.

Transformacións económicas e sociais no século XIX

Visto: 0 veces
2013-11-27

Unidade didáctica 11 para o módulo 3 do ámbito social da Educación Secundaria de Adultos, na modalidade de educación a distancia semipresencial. Elaborada en eXeLearning.
Esta unidade aborda os grandes cambios económicos e sociais que tiveron lugar en Europa co desenvolvemento da Revolución Industrial, entre os anos 1780 e 1850

O deporte alternativo do Ultimate (versión con conexión a internet)

Visto: 0 veces
2013-09-23

A aplicación dos fundamentos regulamentarios técnicos e tácticos do ultimate supoñen unha forma de mellorar a saúde, ademais de aspectos moi importantes como a aceptación do propio nivel de execución e disposición, así como o respecto e aceptación das regras, cooperación, tolerancia e o autocontrol ante as situacións propias da actividade física.

O deporte alternativo do Ultimate (versión sen conexión a internet)

Visto: 0 veces
2013-09-23

A aplicación dos fundamentos regulamentarios técnicos e tácticos do ultimate, supoñen unha forma de mellorar a saúde, ademais de aspectos moi importantes como a aceptación do propio nivel de execución e disposición, así como o respecto e aceptación das regras, cooperación, tolerancia e o autocontrol ante as situacións propias da actividade física.

Tratamento de diapositivas (Openoffice.org Impress)

Visto: 0 veces
2013-06-27

Unidade didáctica de Tecnoloxías da información e da comunicación de 1º de Bacharelato a distancia elaborada polo IES San Clemente, sobre impress que é o programa de presentacións incluído no paquete OpenOffice. Como outros programas de presentacións semellantes, admite a posibilidade de realizar presentacións en diferentes soportes, aínda que a máis común é a presentación en pantalla.

Estadística

Visto: 0 veces
2013-05-02

Unidade didáctica sobre cuestións estatísticas para 3º da ESO: poboación, mostra, tipos de datos, agrupamentos, frecuencias, marca de clase, gráficas de barras, gráfica de sectores, histograma, media, moda, mediana, cuartil, percentil, dispersión, percorrido ou amplitude de rango, desviación típica, parámetros de posición, experimentos aleatorios, sucesos, e operacións con sucesos.