Funcións lineal e afín. Ecuacións de primeiro grao. Cinemática

Visto: 0 veces
2014-09-30

Unidade didáctica 7 para o módulo 3 do ámbito científico-tecnolóxico da Educación Secundaria de Adultos, na modalidade de educación a distancia semipresencial. Elaborada en eXeLearning.
Analízanse os movementos uniforme e uniformemente acelerado, e vese a necesidade de ensinar as representacións da recta lineal e afín, e de resolver ecuacións de primeiro grao.

Números racionais. Mesturas e disolucións

Visto: 0 veces
2014-09-30

Unidade didáctica 2 para o módulo 3 do ámbito científico-tecnolóxico da Educación Secundaria de Adultos, na modalidade de educación a distancia semipresencial. Elaborada en eXeLearning.
Nesta unidade afóndase na práctica das operacións con fraccións e decimais iniciada no módulo 1. Na parte de química trátanse as mesturas de substancias, as técnicas de separación e a expresión da concentración das disolucións, sen usar aínda a idea de mol.

A Terra por dentro. Teorema de Pitágoras. Semellanza

Visto: 0 veces
2014-09-29

Unidade didáctica 5 para o módulo 2 do ámbito científico-tecnolóxico da Educación Secundaria de Adultos, na modalidade de educación a distancia semipresencial. Elaborada en eXeLearning.
Nesta unidade estúdanse os principais fenómenos que acontecen na superficie terrestre debido á estrutura e á enerxía interna da Terra: sismos, volcáns, formación de montañas, deformación dos materiais, etc. Descríbense os procesos de formación e transformación das rochas.

Luz e son. Ecuacións

Visto: 0 veces
2014-09-29

Unidade didáctica 4 para o módulo 2 do ámbito científico-tecnolóxico da Educación Secundaria de Adultos, na modalidade de educación a distancia semipresencial. Elaborada en eXeLearning.
Estúdanse a orixe, a natureza e a propagación da luz e do son e as súas propiedades comúns, por seren ambos fenómenos de natureza ondulatoria, realizándose experiencias con espellos e lentes, para analizar feitos como a reflexión e a refracción da luz. 

Calor e temperatura. Álxebra

Visto: 0 veces
2014-09-29

Unidade didáctica 3 para o módulo 2 do ámbito científico-tecnolóxico da Educación Secundaria de Adultos, na modalidade de educación a distancia semipresencial. Elaborada en eXeLearning.
Esta unidade céntrase no estudo da calor como forma de transferencia de enerxía térmica entre corpos así como os seus efectos, en especial os cambios de estado de agregación, os efectos da calor sobre os seres vivos e as adaptacións destes aos cambios de temperatura.

A enerxía e as súas fontes. Porcentaxes e aplicacións

Visto: 0 veces
2014-09-29

Unidade didáctica 2 para o módulo 2 do ámbito científico-tecnolóxico da Educación Secundaria de Adultos, na modalidade de educación a distancia semipresencial. Elaborada en eXeLearning.
Continuación dos contidos da Unidade didáctica 1 do módulo 2, referidos á enerxía (fontes de enerxía, renovables e non renovables, repercusións no medio ambiente,...); remata o bloque con algúns datos sobre a produción, o transporte e o consumo de enerxía en Galicia.

Internet. Os números enteiros. Estrutura da Terra

Visto: 0 veces
2014-09-26

Unidade didáctica 3 para o módulo 1 do ámbito científico-tecnolóxico da Educación Secundaria de Adultos, na modalidade de educación a distancia semipresencial. Elaborada en eXeLearning.
Esta unidade ten contidos relacionados con internet e o seu uso, os números naturais (representación e operacións) e o estudo da estrutura de Terra.

España en democracia

Visto: 0 veces
2014-04-08

Unidade didáctica para o módulo 4 do ámbito social da Educación Secundaria de Adultos, na modalidade de educación a distancia semipresencial. Elaborada en eXeLearning.
Esta unidade está estruturada en dúas partes:
A primeira inclúe conceptos básicos de política e unha análise sinxela dos alicerces do sistema democrático. 
A segunda céntrase na historia máis recente de España e de Galicia. Abrangue dende a fin da ditadura franquista, en 1975, ata a actualidade, o período máis esperanzador e atraente da nosa historia contemporánea.