Misión Sistema Solar. A túa misión espacial

Visto: 0 veces
2020-11-18

Materia: Xeografía e historia 

Descrición: Contido dinámico e interactivo para a aprendizaxe do Sistema Solar y dos seus compoñentes, así coma dos movementos da Terra, o día e a noite e as estacións, a través de diversas actividades e investigacións guiadas.
 

Tipo de recursos:

  • Actividades interactivas.
  • Actividades de investigación.

Número de sesións estimadas: 7.

Aclaracións:

Climogramas. Invasión zombi

Visto: 0 veces
2020-11-18

Materia: Xeografía e historia

Descrición: Contido completo sobre climas, zonas climáticas e climogramas, a través dunha narrativa de fantasía sobre unha invasión zombi. A teoría introdúcese de forma guiada e amena para que o alumnado poida aprender a crear e interpretar climogramas baixo o pretexto de estudar as condicións de habitabilidade dos zombis e conseguir instalar refuxios en lugares seguros para salvar á humanidade. 

Tipo de recursos:

Laboratorio Xeométrico. Áreas 

Visto: 0 veces
2020-11-18

Materia: Matemáticas

Descrición: Laboratorio xeométrico 3D para o estudo das áreas dos corpos xeométricos e a representación manipulativa dos seus despregues.
Nun modelo de representación 3D, que facilita o desenvolvemento da visión espacial, o alumnado poderá construir o despregue das figuras localizando e ubicando as pezas que o conforman, e aplicará as fórmulas necesarias para calcular as áreas dos distintos corpos xeométricos.

Tipo de recursos:

Laboratorio Xeométrico. Iniciación aos corpos xeométricos

Visto: 0 veces
2020-11-18

Materia: Matemáticas

Descrición: Laboratorio virtual 3D para o estudo desde cero da xeometría no espazo, mediante a exposición a distintos retos que permiten practicar e experimentar para interiorizar os conceptos.
Nun modelo de representación 3D, que facilita o desenvolvemento da visión espacial, o alumnado aprenderá a identificar as familias de figuras, a forma, o nome e os elementos de cada figura xeométrica e os eixes de revolución dos corpos de revolución.

Tipo de recursos: 

Curso de educación Física

Visto: 0 veces
2020-11-17

Aula virtual con materiais para traballar a materia de Educación Física da ESO: a condición física, o deporte como fenómeno social e cultural, o floorball, deportes de raqueta, actividades de expresión corporal, a orientación, lacrosse, lecturas e películas, artigos periodísticos para traballar en educación  física.

Inclúe copia para restaurar o curso na plataforma Moodle 1.9 ou 2.6.