Dislalias

Visto: 0 veces
2010-10-21

O obxectivo deste traballo é permitir aos profesionais de Audición e Linguaxe ofrecerlle ao alumnado co que deben tratar, unha intervención máis amena para o tratamento das dislalias.

Operaciones con números naturales II

Visto: 0 veces
2010-10-19

Identificar os valores que sexan números naturais, e comprender o concepto de multiplicación e de división de dous números naturais. Entender a división como a operación inversa da multiplicación. A potenciación como multiplicación reiterada dun mesmo factor. Entender e aplicar adecuadamente a prioridade ao realizar diversas operacións combinadas.

Vial-Test

Visto: 0 veces
2010-10-05

Vial-Test é un recurso dixital en contorno web pensado para que o alumnado demostre, de maneira lúdica, os seus coñecementos sobre educación viaria. A aplicación estrutúrase en vinte pantallas que reúnen un total de 200 preguntas organizadas por bloques temáticos (como o papel do peón, o acompañamento ao condutor, o uso da bicicleta ou os diferentes sinais de tráfico) e inclúe máis de 250 imaxes optimizadas para garantir un funcionamento áxil.

Webquest: o magosto

Visto: 0 veces
2010-09-29

O magosto é a festa de exaltación da castaña que leva asociados moitos elementos presentes en diversos ritos e tradicións da nosa Comunidade. Na presente webquest o alumnado terá que procurar información sobre a orixe e a celebración, ditos e refráns, receitas con castañas e elaborar unha publicación (en papel o dixital) con toda esa información.