Proxecto: "Lobos"
"Proxecto Lobos" é un REA que pretende desglosar os pasos, para o alumnado e profesorado, cando nos enfrontamos á difícil tarefa de ensinar a aprender a escribir un texto expositivo.
"Proxecto Lobos" é un REA que pretende desglosar os pasos, para o alumnado e profesorado, cando nos enfrontamos á difícil tarefa de ensinar a aprender a escribir un texto expositivo.
Este REA ten como obxectivo que o alumno utilice diferentes linguaxes como instrumentos de comunicación, de expresión de ideas e sentimentos, de representación, de aprendizaxe e de goce.
Material curricular en formato fichas para traballar a figura de Eduardo Pondal en 1º e 2º de Primaria.
Material complementario en formato fichas para traballar a figura de Eduardo Pondal en educación infantil.
No arquivo de descarga adxúntase o caderno en formato pdf.
Libro de actividades para traballar a biografía de Manuel María en 1º e 2º de primaria. O zip de descarga inclúe o pdf imprimible e un marcador.
Material complementario en formato fichas para traballar a figura de Manuel María en Educación Infantil.
No arquivo de descarga adxúntase o caderno en formato pdf.
Libro de actividades para traballar a obra de Manuel María en 1º e 2º de primaria. O zip de descarga inclúe o pdf imprimible en branco e negro e cor así como un marcador.
Método de lectoescritura en galego para a PDI. Precisan de Notebook.
Trabállanse as vogais seguidas das consoantes, para ver a continuación actividades de discriminación visual e auditiva. Por último trabállanse os grupos consonánticos.
Conto feito por alumnado sobre a temática das alerxias e intolerancias alimentarias. O zip de descarga inclúe documento cun protocolo de actuación en canto a alerxias.
O presente taballo ten a finalidade de interpretar e reinterpretar a vida, obra e contexto do autor X. Filgueira Valverde, investigando sobre a práctica no traballo de aula e fuxindo de academicismos e vinculacións estritamente curriculares que dificilmente teñen impacto na aula. Inclúe propostas para infantil e toda a primaria.