Vial-Test
- Read more about Vial-Test
- 208 views
Vial-Test é un recurso dixital en contorno web pensado para que o alumnado demostre, de maneira lúdica, os seus coñecementos sobre educación viaria. A aplicación estrutúrase en vinte pantallas que reúnen un total de 200 preguntas organizadas por bloques temáticos (como o papel do peón, o acompañamento ao condutor, o uso da bicicleta ou os diferentes sinais de tráfico) e inclúe máis de 250 imaxes optimizadas para garantir un funcionamento áxil.