Saltar navegación

4.3. Pódcast en peche

Todo ten o seu fin

Chegou o momento de pechar o voso pódcast. Imos comezar polo principio. Collede de novo o guión Pictograma da cara dun dado do seis.que elaborastes e divide o traballo:

  • Parella 1: redactade un breve resumo do episodio do pódcast (1-2 minutos).
  • Parella 2: dádelle forma aos agradecementos e escollede a música de despedida (lembrade o uso dos dereitos de autoría que vimos na fase 4.1.).

Con todo listo... a gravar sexa dito!

Compoñemos o crebacabezas final

Pictograma dun crebacabezas.

Xa tedes todas as pezas do pódcast, agora só falta encaixar unhas con outras. Para iso, empregade novamente a ferramenta Audacity, que sabedes manexar como profesionais.

Comezade por seleccionar as tomas mellor realizadas; a seguir, ordenádeas seguindo o guión e, por último, procedede a unilas.

A compoñer!

Como era iso do Audacity?

Por se xa non lembrades o visto anteriormente, aquí volve estar o vídeo que vos poderá axudar a rematar o reto.

Lista de cotexo - O que ben comeza, ben remata!

A vosa andaina co pódcast remata aquí. Ao longo das fases anteriores empregastes unha rúbrica para ir mellorando o voso traballo. Agora chegou a hora de dar conta dos puntos que acadastes e dos que non acadastes; para iso, tedes que cumprimentar en equipo a seguinte lista de cotexo. De seguro que fixestes un gran traballo. Ademais, como vedes, incluso se non acadastes algún dos criterios, a súa cualificación non é un 0, posto que todo traballo ten que ser recoñecido. Collede folgos, e avaliade: fostes quen de superar o reto?

Lista de cotexo de reto acadado - Un pódcast en galego
 AcadadoNon acadado
O guión contén todos os apartados indicados. (0,7) (0,2)
O guión inclúe unha entrevista e unha recomendación literaria. (0,75) (0,2)
A redacción do guión non contén erros gramaticais nin ortográficos. (0,75) (0,2)
A introdución do pódcast contén todos os apartados. (0,7) (0,2)
A introdución do pódcast realízase cunha expresión de calidade, incluíndo a corrección, a fluidez do discurso, a orixinalidade... (0,7) (0,2)
A gravación da introdución realízase de maneira axeitada. (0,7) (0,2)
A parte central do pódcast contén todos os apartados. (0,7) (0,2)
A parte central do pódcast realízase cunha expresión de calidade, incluíndo a corrección, a fluidez do discurso, a orixinalidade... (0,7) (0,2)
A gravación da parte central realízase de maneira axeitada. (0,7) (0,2)
O peche do pódcast contén todos os apartados. (0,7) (0,2)
O peche do pódcast realízase cunha expresión de calidade, incluíndo a corrección, a fluidez do discurso, a orixinalidade... (0,7) (0,2)
A gravación do peche realízase de maneira axeitada. (0,7) (0,2)
Difúndese o pódcast por algunha das vías propostas (iVoox e/ou programa en directo). (0,75) (0,2)
O pódcast desenvólvese a través do traballo en equipo, de maneira colaborativa. (0,75) (0,2)

Elaboración propia (proxecto cREAgal). Lista de cotexo de reto acadado - Un pódcast en galego (CC BY-NC-SA)

  • Actividade
  • Nome
  • Data
  • Puntuación
  • Notas
  • Reiniciar
  • Imprimir
  • Aplicar
  • Nova xanela

Diario de aprendizaxe

Icona representativa do Diario de aprendizaxe do proxecto cREAgal

    Despois de moito sachar, por fin recolledes o froito, pois o grupo acadou o reto final. Foron días de compartir coñecementos, superar dificultades e poñer en común ferramentas e habilidades que contribuíron á resolución deste reto.

    Estás satisfeita/o co resultado?

    Colle o teu diario de aprendizaxe e a reflexionar!

    Feito con eXeLearning (Nova xanela)