Método para poñer ideas en común entre os membros dun grupo.
Exemplo:
Fixemos unha chuvia de ideas sobre as plantas na materia de Bioloxía.
Radiofónico
Definición:
Que está relacionado coa radio.
Exemplo:
Ao meu avó gústalle moito ese programa radiofónico.
E ti con quen vas? Comezamos o reto
O punto de partida para crear un bo pódcast é contar cun grupo de traballo que funcione como un verdadeiro equipo radiofónico. Tes que formar grupo con outras tres persoas e, a continuación, comezade a tomar as primeiras decisións.
Pensade que ton vos gustaría que teña o voso pódcast. Se cadra, queredes que se desenvolva nunha clave humorística, ou ao mellor preferides que soe máis serio. Decidide isto e, ademais, pensade xa nun posible tema para o pódcast, aínda que logo poidades cambialo.
De que vai ir o pódcast?
Lectura facilitada
Primeiros pasos para crear o teu pódcast. Para facer un bo pódcast, o máis importante é traballar ben en grupo.
Sigue estes pasos para comezar:
1. Forma o teu equipo. Busca tres persoas para traballar contigo. En total, debedes ser un grupo de catro persoas. Funcionade coma se fósedes un equipo de radio de verdade.
2. Decide o ton do programa. Pensade como queredes falar ante o micrófono.
Hai dúas opcións principais:
Ton divertido: para facer rir e usar o humor. Ton serio: para dar información de xeito máis formal.
3. Escolle o tema. Pensade de que vai tratar o voso pódcast. Non vos preocupedes se non estades seguros: podedes cambiar o tema máis adiante.
Audio
Algúns exemplos
Aquí tes algúns exemplos para a temática do pódcast:
Viaxes
Moda
Personaxes famosos
Deportes
Videoxogos
A actualidade da túa contorna
Cociña galega
Alimentación saudable
Ou calquera outra idea que se che ocorra!
E se chovese?
Agrupamento:
3-4 participantes
Agora toca ver que tal levas iso de traballar en equipo. Para poñervos a proba e comezar a coñecervos como grupo de traballo, facede unha chuvia de ideas que recolla todas as vosas propostas de seccións e temas posibles para a gravación dun pódcast sobre unha determinada temática.
Podedes escoller un dos temas de exemplo do punto anterior ou calquera outro que propoñades. Non ten que ser o tema definitivo do pódcast; estaredes a tempo de cambialo máis adiante se decidides inclinarvos por outra temática.
Anotade todas as propostas no caderno. Poñédevos en marcha e demostrade que catro cabezas pensan máis ca unha!
Por exemplo, se no teu equipo escolledes como temática do pódcast as persoas famosas, na vosa chuvia de ideas poderían saír cuestións como: