| Entrega e documentación do proxecto | O proxecto entrégase no prazo indicado, con documentación completa, estruturada e clara (cartafol con fotogramas, explicación técnica e versión final) (2) | O proxecto entrégase en prazo e coa documentación suficiente para comprender o proceso. (1) | O proxecto entrégase fóra de prazo ou con documentación incompleta pero suficiente para comprender o proceso. (0.50) | A entrega chega fóra de prazo ou a documentación é escasa, desorganizada ou inexistente. (0) |
|---|
| Organización do grupo e actitude | O grupo distribúe as tarefas equilibradamente, colabora con fluidez e mantén unha actitude responsable e respectuosa. (2) | Hai colaboración, pero con algunhas desigualdades ou dificultades puntuais de coordinación, que se resolven dentro do grupo. (1) | Hai colaboración, pero cómpre que o persoal docente interveña para solventar as desigualdades e/ou dificultades puntuais de coordinación. (0.50) | Falta coordinación, hai conflitos ou a participación é moi desigual. O persoal docente ten que intervir de xeito constante para facer que o grupo traballe cohesionado. (0) |
|---|
| Formato produto final | O ficheiro final cumpre coas especificacións técnicas: formato GIF, bucle, tempo de retraso axeitado, tamaño das capas e fotogramas... (2) | O ficheiro final cumpre coas especificacións técnicas do formato pero presenta algún erro (non é bucle, tamaños ou animacións incorrectas...) (1) | O ficheiro final cumpre coas especificacións técnicas do formato pero presenta varios erros (non é bucle, tamaños ou animacións incorrectas...) (0.50) | O formato do ficheiro é incorrecto ou non cumpre as principais indicacións técnicas (non hai animación, fotogramas negros...) (0) |
|---|
| Número de fotogramas e calidade | O número de fotogramas é axeitado e coherente coa acción; alta calidade visual. (2) | Número de fotogramas suficiente pero irregular; aparecen pequenos fallos. (1) | Poucos fotogramas, movemento entrecortado ou calidade visual moi baixa. (0.50) | Só hai un fotograma, o que impide visualizar a animación. (0) |
|---|
| Recursos técnicos e de deseño | Recursos técnicos e de deseño (capas, tipografía, cores, redacción...) empregados con sentido creativo e controlado. (2) | Varios recursos técnicos e de deseño (capas, tipografía, cores, redacción...) empregados con sentido creativo e controlado. (1) | Algúns recursos técnicos e de deseño (capas, tipografía, cores, redacción...) empregados con sentido creativo e controlado. (0.50) | Escasa ou nula utilización de recursos técnicos, ou aplicación incorrecta. (0) |
|---|