É un servizo en Internet que permite buscar información introducindo palabras clave.
Exemplo:
Google ou DuckDuckGo son buscadores que nos axudan a atopar páxinas.
Codificación
Definición:
É o proceso de representar a información mediante códigos ou símbolos para que poida ser entendida, almacenada ou transmitida polos dispositivos dixitais.
Exemplo:
Cando gardamos unha imaxe nun ficheiro dixital, a información visual queda codificada en forma de datos.
Navegador
Definición:
É o programa que permite acceder a páxinas web, visualizar os seus contidos e navegar por Internet.
Exemplo:
Mozilla Firefox ou Google Chrome son navegadores que usamos para visitar páxinas web.
Escolle unha cor
A cor é unha das primeiras cousas que chama a atención cando se observa un cartel, unha imaxe ou un produto. Antes mesmo de ler o texto, o cerebro xa está reaccionando ás cores que percibe. Na publicidade isto é moi importante, porque as cores axudan a transmitir emocións, crear sensacións e facer que unha mensaxe ou produto se recorde mellor.
Cando se traballa con imaxes dixitais, é necesario lembrar que as cores se representan mediante unha codificación especial chamada RGB. Funciona de maneira parecida a cando se mesturan pigmentos, pero neste caso mestúranse luces de tres cores:
luces de cor vermella (Red)
luces de cor verde (Green)
luces de cor azul (Blue)
Ao combinar distintas intensidades de cada unha, obtéñense todas as cores posibles na pantalla.
Os navegadores e programas de edición de imaxe dispoñen de ferramentas que permiten identificar a codificación exacta de calquera cor dunha imaxe. Así, para escoller unha cor concreta, só é preciso empregar esa ferramenta e anotar o seu código RGB, garantindo que a cor escollida sexa sempre a mesma no deseño.
Lectura facilitada
A cor chama a atención nun cartel.
A cor provoca emocións.
A cor axuda a lembrar unha mensaxe.
Nas imaxes dixitais úsase o modelo RGB.
RGB mestura luces de tres cores.
Vermello (R)
Verde (G)
Azul (B)
Ao mesturar estas luces créanse todas as cores.
Os programas permiten identificar o código dunha cor.
Ese código axuda a usar sempre a mesma cor.
Audio
Escoller cor co navegador
Mozilla Firefox
O navegador Mozilla Firefox ten a ferramenta para escoller cor inserida en "Máis ferramentas". Chámase "Contagotas".
Google Chrome e Chromium
Para escoller cor no navegador Chrome e Chromium debes instalar unha extensión. Para iso, vai ao menú principal e selecciona "Extensiones" e dentro "Visitar Chrome Web Store" e busca algunha das ferramentas escribindo: "Color Picker".
Lectura facilitada
Mozilla Firefox
Firefox ten unha ferramenta para escoller cor.
A ferramenta chámase Contagotas.
Atópase en Máis ferramentas.
Google Chrome e Chromium
En Chrome e Chromium debes instalar unha extensión.
Busca a extensión chamada Color Picker.
Audio
Código RGB
Emprega a ferramenta recollecor do teu navegador e indica a codificación das seguintes cores:
A nosa paleta de cor
Duración: 30 minutos Agrupamento: Pequeno grupo
Na fase 2, cada persoa do teu grupo seleccionou catro ou cinco imaxes que servirán de base para o voso cartel. Agora que xa sabedes identificar e analizar cores, debedes deseñar unha paleta (conxunto de cores) coherente coas imaxes escollidas.
Pasos para deseñar unha paleta de cores:
1. Selecciona as cores principais das imaxes
Observa atentamente as imaxes do teu grupo e identifica as cores que máis se repiten. Esas serán o punto de partida da paleta.
2. Xera a paleta unindo esas cores
Podes simplemente unir esas cores ou podes usar unha ferramenta para xerar novas cores semellantes, por exemplo MyColorSpace. Preme na seguinte ligazón para acceder a esta ferramenta: https://mycolor.space/. O funcionamento é sinxelo: introduce un código de cor inicial e explora as combinacións xeradas.
Garda, no cartafol do grupo, un documento ao que lle chames "paleta_de_cores" con todos os códigos hexadecimais das cores que formen parte da paleta final.
3. Asegura a accesibilidade e a claridade visual
As cores deben distinguirse con claridade, tamén para persoas con problemas de visión ou cegueiras de cor. É dicir teñen que ser accesibles.
Para comprobar algúns dos problemas de visión podes empregar estas páxinas web, nas que solo tes que subir a túa imaxe e comprobar como a verán as persoas con cegueiras de cor: