Saltar navegación

Que é un caudalímetro?

Partes do sensor de fluxo
María Souto Lorenzo. Sensor de caudal (CC BY-SA)

Que é un caudalímetro?

Un caudalímetro é un aparello que mide canta auga pasa por un tubo. Pódese imaxinar como un contador de gotas moi rápido e preciso.

É moi útil para controlar o consumo de auga e axudarnos a aforrar.

Como funciona?

No interior do sensor hai unha pequena roda que xira coa auga. Cada volta representa un volume fixo de líquido, por exemplo: 2,25 mililitros.

O sensor conta esas voltas e envía os datos á Micro:bit, que calcula o caudal (litros por segundo).

Que fai un caudalímetro?

  • A auga empurra a roda
  • A roda xira e xera impulsos eléctricos
  • A Micro:bit conta eses pulsos
  • Multiplica por mililitros por pulso
  • Mostra o resultado en litros por segundo

Exemplo

Se o sensor conta 40 pulsos nun segundo, e cada un vale 2,25 ml:

40 × 2,25 = 90 ml = 0,09 litros por segundo

Para que serve?

  • Medir canta auga usas ao lavar os dentes
  • Controlar o uso dunha regadeira no horto escolar
  • Crear un sistema intelixente de aforro de auga no cole
  • Participar nun proxecto de ciencia cidadá