Saltar navegación

Que imos facer?

💧 Medimos o consumo de auga coa Micro:bit

Neste proxecto imos converter a nosa Micro:bit nun caudalímetro, un dispositivo que serve para medir canta auga usamos. Isto axúdanos a comprender mellor o noso consumo cotiá e como aforrar un recurso tan valioso.

🔍 Imos aprender:

  • Como funciona un sensor de caudal.
  • Como programar a Micro:bit para contar litros ou mililitros.
  • Como medir o consumo de auga en accións cotiás.
  • Como aforrar e usar mellor a auga baseándonos en datos.
  • Relacionar o proxecto co ODS 6: Auga limpa e saneamento.

María Souto Lorenzo – Caudalímetro con Micro:bit  CC BY-SA