Saltar navegación

Coñecendo a Keyestudio para Micro:bit

🔌 Que é a placa Keyestudio para Micro:bit?

A Keyestudio Sensor Shield para Micro:bit é unha placa adaptadora que nos permite conectar sensores e actuadores á Micro:bit dun xeito máis sinxelo e ordenado.

Ten moitos portos de cores que nos indican onde conectar cada cable, o que evita confusións.

Grazas a esta placa, podemos facer montaxes máis complexas sen soldaduras directas nin erros de conexión.

Shield Keyestudio e Placa Microbit

Shield Keyestudio e Placa Microbit – María Souto Lorenzo

Licenza CC BY-SA

⚙️ Preparando a placa Keyestudio

A placa Keyestudio para Micro:bit é un adaptador que permite conectar sensores e actuadores de forma sinxela.

Dispón de portos de cores que indican onde conectar cada cable, axudando a evitar erros.

No noso caso, os sensores usan 5V, así que debemos escoller esa voltaxe.

📌 Usaremos habitualmente o Pin 0, que aparece marcado nas imaxes.

Voltaxes necesarias

Voltaxes necesarias

Voltaxes necesarias – María Souto Lorenzo

Mapa de conexións

Mapa de conexións da placa Keyestudio

Mapa de conexións – María Souto Lorenzo

🔍 Preme sobre cada imaxe para vela máis grande
📂 Abrirase na mesma pestana en tamaño completo