Saltar navegación

Programamos

💧 Código do caudalímetro

Este programa mide o caudal da auga que pasa polo sensor. Conta os pulsos xerados pola roda interna e calcula os litros por segundo.

Está feito con MakeCode, unha ferramenta en liña para programar a Micro:bit. Podes acceder en makecode.microbit.org e non precisa rexistro.

Preme en Editar dentro do cadro para abrir o proxecto nunha nova xanela e modificalo ao teu gusto.