Código do anemómetro
Este programa mide a velocidade do vento usando un sensor con imán conectado á Micro:bit.
Cando premes o botón A, a micro:bit conta cantas voltas dá o anemómetro en 20 segundos. Mentres mide, móstrase un símbolo animado, e ao rematar escoitase un pitido.
Despois, amósase a velocidade do vento en metros por segundo (m/s) durante 10 segundos.
O programa está feito en MakeCode. Podes acceder a el en liña e modificalo ao teu gusto sen rexistro.
Preme en Editar dentro do cadro para abrir o proxecto nunha nova xanela.