Coñecendo a Keyestudio para Micro:bit
🔌 Que é a placa Keyestudio para Micro:bit?
A Keyestudio Sensor Shield para Micro:bit é unha placa adaptadora que nos permite conectar sensores e actuadores á Micro:bit dun xeito máis sinxelo e ordenado.
Ten moitos portos de cores que nos indican onde conectar cada cable, o que evita confusións.
Grazas a esta placa, podemos facer montaxes máis complexas sen soldaduras directas nin erros de conexión.
⚙️ Preparando a placa Keyestudio
Antes de comezar, asegúrate de seleccionar correctamente a voltaxe de traballo.
No noso caso, os sensores necesitan 5V, así que é importante configurar esa opción na placa.
📌 Para as conexións, empregaremos habitualmente o Pin 0, facilmente identificable nas imaxes seguintes.
Voltaxes necesarias
Voltaxes necesarias – María Souto Lorenzo
Mapa de conexións
Mapa de conexións – María Souto Lorenzo
🔍 Preme sobre cada imaxe para vela máis grande
📂 Abrirase na mesma pestana en tamaño completo