Saltar navegación

Paso previo: que é un sensor de efecto Hall?

 Partes do anemómetro: sensor Hall

O sensor de efecto Hall é un dispositivo que detecta campos magnéticos. Neste proxecto, úsase para contar as voltas do anemómetro grazas a un pequeno imán colocado nunha das cazoletas.

Ao xirar co vento, o imán pasa preto do sensor, e cada vez que o fai, xérase un sinal que a Micro:bit detecta como unha volta completa.

Sensor de efecto Hall e cableado

María Souto Lorenzo. Sensor de efecto Hall (CC BY-SA)


Conexión dos cables:

  • 🔴 Vermello+5V
    Proporciona alimentación ao sensor.
  • ⚫ NegroGND
    Retorno de corrente, pecha o circuíto.
  • 🟡 AmareloDatos
    Envia o sinal á Micro:bit cando detecta o imán.

Este sistema permite á Micro:bit contar cantas veces xira o anemómetro, e a partir desa información, calcular a velocidade do vento.

Funcionamento

Funcionamente do sensor de Efecto Hall – María Souto Lorenzo
Licenza CC BY-SA

 Como se calcula a circunferencia?

As cazoletas do anemómetro xiran formando un círculo. A distancia percorrida nunha volta completa é a circunferencia.

Fórmula: C = 2 × π × radio

Se o radio (distancia entre o centro das aspas ata o imán) do noso proxecto é de 6 mm = 0,006 m:

C = 2 × 3,14 × 0,006 = 0,0377 m

*π = 3,14

 Como se calcula a velocidade?

velocidade = distancia total ÷ tempo

Se contamos 10 voltas en 20 segundos:

distancia = 0,0377 × 10 = 0,377 m

velocidade = 0,377 ÷ 20 = 0,01885 m/s