🧱 Estruturas 3D no proxecto
Estas imaxes amosan o resultado final dos soportes impresos en 3D para montar a Micro:bit, a placa Keyestudio e o portabaterías.
🔄 Tamén se deseñou un anemómetro formado por 3 pezas: unha base xiratoria, un eixe e tres cazoletas. Procurouse que fose fácil de imprimir, con lixeireza e boa resposta ao vento.
🔧 As estruturas están pensadas para facilitar o cableado e o mantemento dos compoñentes.
Foron creadas co programa Tinkercad e inclúense os arquivos .stl para impresión.