Medimos o vento cun anemómetro e a Micro:bit
Este proxecto consiste en construír un anemómetro dixital empregando a placa Micro:bit xunto cun sensor de efecto Hall incluído no kit de Keyestudio. Permitiranos medir a velocidade do vento dun xeito práctico e aprender como recoller e interpretar datos reais do entorno.
🔍 Imos aprender:
- Montar o sensor de vento do kit Keyestudio.
- Comprender o funcionamento dun sensor de efecto Hall.
- Contar voltas e calcular a velocidade do vento.
- Programar a Micro:bit para rexistrar e mostrar os datos.
- Relacionar o proxecto co ODS 13: Acción polo clima.
María Souto Lorenzo – Anemómetro con Micro:bit CC BY-SA