Avaliámonos
A través das actividades que fuches realizando, individual ou en equipos, da lectura de documentos, a manipulación de páxinas web e a creación de novos materiais, traballaches todas as competencias do currículo.
Criterios de avaliación
- CA1.1 a 1.6 – Aplicar de xeito consciente, riguroso, creativo e práctico o método de proxectos no deseño de branding dunha marca relacionada coa arquitectura sostible e na fabricación do merchandising (chaveiros). Traballar en equipo e comunicar adecuadamente os resultados.
- CA2.1 e CA2.2 - Deseñar con Inkscape e fabricar coa cortadora láser un chaveiro empregando tecnoloxía CAM, escollendo o mellor material posible.
- CA3.2 - Coñecer o vocabulario propio do CAM (fabricación asistida por computadora, neste caso, corte e gravado láser.)
- CA4.2 - Valorar o impacto ambiental de usar IA para xerar contidos e reflexionar sobre a non neutralidade da tecnoloxía.
- CA5.1 – Crear e editar contidos dixitais (documentos técnicos e blog) para documentar e compartir propostas tecnolóxicas.
- CA5.2 – Expresar e defender propostas de maneira efectiva, empregando ferramentas audiovisuais e técnicas de comunicación clara.
- CA5.3 - Coñecer alternativas como o NAS para o gardado da información
Criterios de cualificación
- Autoavaliación do traballo na aula a través da rúbrica inicial.
- Adquisición de novo coñecemento: cuestionario final "Menos é máis" sobre conceptos da unidade. Antes, revisa a lista de cotexo "Que aprendín?" que che deixamos a continuación.
- Valoración das tarefas:
- Deseña a túa marca (branding).
- Deseña o teu logo.
- Crea o teu portfolio con Wordpress.
- Merchandising chaveiros (vectorización con Inkscape e gravado con Mr. Beam X)
- Exposición oral dos resultados.
