
Misión final
Presentación
Acabas de chegar á tarefa final onde trataremos de visualizar o futuro das IA e reforzar a vosa capacidade para describir e formar ese futuro coa nosa propia linguaxe
A Fundación Intelligere & Co recibiu unha petición dos veciños onde está situada. Queren ter unha experiencia real do que está a estudar a nosa Fundación e poder coñecer de primeira man proxectos innovadores que resolvan problemas da contorna usando intelixencia artificial.
Despois de todo o aprendido, cada equipo converterase en uns desenvolvedores júnior cun obxectivo: crear un prototipo de IA que xere un efecto positivo na comunidade, vinculado a necesidades reais (medio ambiente, inclusión, saúde mental, etc.). Este desafío conectará a tecnoloxía co ben común.
Obxectivo da tarefa:
Deseñar e presentar un prototipo viable de IA (simulado ou con ferramentas sinxelas) que resolva un problema específico do contorno galego, promovendo a ética, a inclusión e a sostibilidade.
A proposta do prototipo básico estará acompañada dunha campaña de difusión. O prototipo pode ser físico, dixital ou conceptual, e debe estar enfocado a xerar un efecto positivo no entorno. A campaña de difusión pode incluír:
- Un vídeo explicativo curto.
- Unha presentación oral no centro ou nun acto público (real ou simulado).
Tamén deberán elaborar un dossier explicativo que inclúa:
- Obxectivo social do proxecto.
- Explicación do funcionamento do prototipo.
- Posibles beneficios na contorna.
- Reflexión sobre limitacións éticas e desafíos.
Exemplos prácticos:
- Sistema para detectar desperdicio de auga ou enerxía no instituto.
- Bot para dar apoio emocional anónimo.
- Asistente para mellorar a reciclaxe.
- Sistema de recomendación de libros inclusivos ou eventos culturais locais.
Para elaborar a presentación podes escoller a forma do produto final: en cartolina ou a través de aplicacións específicas de presentación como Canva, Figma ou similar.
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Atribución Compartir igual 4.0