Saltar navegación

3. Presentar borrador

Presentación preliminar

Cada equipo prepara unha breve presentación dos seus avances e comparte o que aprenderon co resto de equipos. Usaremos a estrutura cooperativa en forma de quebracabezas (Jigsaw) para facilitar que as ideas e a aprendizaxe se poida compartir entre os compañeiros e compañeiras.

  1. Preparación da presentación preliminar: Cada equipo prepara unha breve presentación (5-7 minutos) que inclúa:

    • O problema elixido e o seu impacto local.
    • O estado actual do deseño técnico do prototipo.
    • Unha mostra preliminar da campaña de difusión.
    • Reflexión inicial sobre as implicacións éticas e desafíos identificados.
  2. División en Grupos de expertos: Os membros do equipo distribúense entre diferentes grupos de expertos. Por exemplo:

    • Grupo 1: Prototipos e funcionalidades técnicas.

    • Grupo 2: Campañas de difusión e comunicación.

    • Grupo 3: Implicacións éticas e impacto social.

    • Cada alumno ensina aos seus compañeiros de outros equipos sobre a parte específica na que traballou.

  3. Compartir coñecementos: Nos grupos de expertos, os alumnos discuten e comparten ideas sobre:

    • Que solucións técnicas están sendo máis efectivas.
    • Que formatos de campaña son máis atractivos ou sorprendentes.
    • Como están abordando as cuestións éticas e os posibles desafíos.
  4. Regreso aos "Equipos base":

    • Cada experto regresa ao seu equipo inicial e ensina aos seus compañeiros o que aprendeu nos grupos de expertos.
    • O equipo sintetiza toda a información recollida e incorpora novas ideas ou melloras ao seu proxecto.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)