Saltar navegación

1. Identificar

Obxectivo: Identificar problemas locais relevantes que poidan ser resoltos mediante un prototipo de IA.

Procedemento:

  1. Formación de equipos: Organiza a clase en equipos de 4 persoas. Esta organización será a estrutura cooperativa principal.

  2. Chuvia de ideas cooperativa:

  • Cada membro do equipo enumera un problema local relevante (p.e., contaminación, saúde mental, educación inclusiva, malgasto de recursos, etc.).
    • Comparten ideas en parellas en quendas alternas breves para compartir a información.
    • Cada equipo selecciona un problema común para traballar.

Adicional: Enquisa

Se o alumnado necesita unha perspectiva máis ampla sobre os problemas locais ou quere implicar á comunidade educativa, pode realizar esta actividade complementaria:

Para elaborala propóñese un guión de elaboración áxil:

  1. Deseño da enquisa:

    • Cada equipo deseña unha enquisa breve (3-5 preguntas) para identificar problemas locais relevantes. As preguntas poden incluír:
      • Que problemas consideras máis importantes no teu barrio ou vila?
      • Como crees que a tecnoloxía podería axudar a resolver estes problemas?
      • Que tipo de solucións tecnolóxicas (ou non tecnolóxicas) propoñerías?
  2. Formato da enquisa:

    • A enquisa pode realizarse en formato dixital (Google Forms, Microsoft Forms) ou en papel, dependendo dos recursos dispoñibles.
    • Os equipos deben asegurarse de que as preguntas sexan claras e accesibles tanto para o alumnado como para as familias.
  3. Implementación da enquisa:

    • O alumnado distribúe a enquisa entre compañeiros, profesorado e familias. Pode facerse:
      • En clase (para o alumnado).
      • A través de correos electrónicos ou grupos de WhatsApp (para as familias).
      • Durante unha xornada de portas abertas ou reunións de escola (opcional).
  4. Análise dos resultados:

    • Cada equipo recolle e analiza as respostas recibidas.
    • Identifican os problemas máis mencionados e discuten cal podería ser o máis axeitado para o seu proxecto de IA.
  5. Selección do problema:

    • Baseándose nos resultados da enquisa, cada equipo selecciona un problema para desenvolver o seu prototipo.

Esta actividade alternativa permite ao alumnado implicar directamente á comunidade educativa no proceso de identificación de problemas. Así, non só se fomenta a colaboración dentro do equipo, senón tamén unha maior conexión co entorno, promovendo a aprendizaxe-servizo.

Adicional: entrevistas

Outra alternativa para que o alumnado obteña información sobre os problemas locais, pode realizar esta actividade complementaria máis simple: facer entrevistas estruturadas. Para esta actividade alternativa, empregarase a estrutura cooperativa coñecida como “Three-Step Interview”:

  1. Paso 1: Cada membro do equipo entrevista a outro compañeiro ou familiar para recoller ideas sobre problemas locais.
  2. Paso 2: Comparten as respostas obtidas co resto do equipo.
  3. Paso 3: O equipo analiza toda a información recollida e decide sobre o problema a abordar.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)