Organizar la elaboración
Nesta fase deberás organizar as tareas, establecer os tempos e elaborar un cronograma para a súa realización
Descrición:
O equipo divide o proxecto en fases claras (deseño inicial, deseño técnico, implementación, difusión) e define os compoñentes básicos de cada fase. Pode empregar unha ferramenta de IA para axudar a organizar ideas, identificar recursos necesarios e planificar subtarefas.
En grupos a través da dinámica 1-2-4 (think-pair-share) o alumnado decide como organizar as necesidades para levar á practica o seu prototipo e planificar tarefas.
- O equipo define as subtarefas necesarias para cada fase.
- Cada membro do equipo asigna un rol específico para cada subtarefa.
- Elabórase un cronograma básico: o equipo identifica cando se completará cada subtarefa e crean unha liña temporal básica.
Resultados:
O equipo entrega un documento ou unha táboa que amose:
- As fases principais do proxecto.
- As subtarefas asociadas a cada fase.
- As responsabilidades asignadas.
- Un cronograma básico.
Para esta fase, podes introducir o uso dunha ferramenta de IA que axude ao alumnado a organizar ideas, identificar recursos necesarios e planificar tarefas. Un exemplo ideal sería unha ferramenta como ChatGPT, Notion AI ou incluso Trello con integración de IA. Estas ferramentas poden guiar ao alumnado na creación da súa planificación e na identificación de compoñentes clave. A IA actúa como un “conselleiro virtual” que axuda ao equipo a descompoñer o proxecto en fases e tarefas concretas, proporcionando exemplos e preguntas guía.
-
Procedemento:
- O equipo introduce información básica sobre o proxecto na ferramenta de IA (por exemplo, “Vou crear un sistema de IA para detectar malgasto de enerxía no instituto”).
- A IA xera automaticamente un esquema inicial cos compoñentes básicos do proxecto (obxectivos, funcionalidades, recursos necesarios, etc.).
- A IA tamén propón unha lista de subtarefas e unha liña temporal básica.
- O equipo revisa e adapta as súas ideas en base ás recomendacións da IA.
-
Exemplo Práctico:
- Entrada do alumnado: “Queremos crear un prototipo de IA para mellorar a reciclaxe no noso barrio”.
- Achega da IA:
- Fase 1: Investigación (buscar datos sobre reciclaxe local, exemplos similares, tecnoloxías existentes).
- Fase 2: Deseño (definir como funcionará o sistema, interfaces, sensores, etc.).
- Fase 3: Prototipado (crear un modelo básico ou simulación).
- Fase 4: Difusión (campaña para informar á comunidade).
- Subtarefas: Buscar financiamento, contactar expertos, crear un vídeo explicativo, etc.