Saltar navegación

4. Refinar

Refinar a presentación

Nesta tarefa o alumnado vai mellorar o prototipo e a campaña de difusión baseándose nos comentarios recibidos e prepara a presentación final para compartir o seu traballo coa clase (ou con membros da comunidade educativa). Os equipos preparan unha exposición do seu proxecto, comparten os seus resultados cos demais equipos e reciben comentarios.

Para elaborar esta actividade son necesarios os seguintes pasos:

  1. Preparación da exposición: Cada equipo nun espazo concreto prepara unha exposición que inclúa:

    • O prototipo (físico, dixital ou conceptual).
    • A campaña de difusión (vídeo, póster, presentación oral, etc.).
    • O dossier explicativo (en papel ou dixital).

Poden decorar o seu espazo físico ou virtual para mostrar o seu traballo con todas as ideas que queiran.

  1. Galería de mostra: Os equipos rotan polas exposicións do resto de equipos.

    • Durante a visita, deixan comentarios construtivos usando unha matriz rotativa específica. O alumnado debe valorar se o prototipo é viable e innovador; se a campaña de difusión é atractiva e alcanza o público obxectivo; ou se a información está ben organizada e de xeito claro.
  2. Revisión de comentarios:

  • Despois da mostra, cada equipo revisa os comentarios recibidos e realiza axustes finais ao seu proxecto.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)