Unha terra chamada Galicia!
O ditado nº 3 a dúas voces forma parte dunha obra, recoñecédela?
Trátase da introdución instrumental da obra Ausencia da compositora galega Eugenia Osterberger.
De orixe galego por parte de nai, Eugenia Osterberger viviu entre Galicia e a cidade de París. Recibiu dende moi pequena unha moi boa formación cultural que incluía clases de piano.
Despois de casar co enxeñeiro francés Francisco Saunier instálanse na Coruña onde o seu marido traballaba como director da fábrica de gas e ela comeza a formar parte da vida cultural da cidade, onde coñece a compositores como Marcial del Adalid, Pascual Veiga e, sobre todo, Canuto Berea, quen será o editor de parte da súa obra.
A partitura de Ausencia é unha obra para voz e piano, que ten como letra un poema do mesmo título de Carlos Vaamonde Lores.
A composición delata, tanto polo seu tema como pola súa procedencia, a influencia das teses rexionalistas, situándoa no Rexurdimento.