Modos eclesiásticos ou gregorianos
Os modos eclesiásticos ou gregorianos reciben ese nome porque nesa época a Iglesia era a que tiña os medios para compoñer música escrita e polo papa Gregorio Magno, considerado o creador de todo o sistema.
Igual que no sistema grego, hai 8 modos, dos cales os principais reciben o nome de auténticos e os secundarios de plagais, pero neste caso son ascendentes:
Protus


Deuterus


Tritus


Tetrardus


Cada modo auténtico ten un correspondente plagal, e ambos teñen a mesma nota finalis. No modo auténtico a repercusio está a unha 5ª ascendente e no plagal a unha 3ª.
La Farola de Laredo= La-Fa-Do-La-Re-La-Re-Do
A nota Si non era fixa. Para evitar o tritono Fa- Si, considerado o "diabulus in musica", que se consideraba moi desagradable, poñíase un bemol.
Na Idade Media un monxe, Guido D`Arezzo, estableceu as bases da notación actual empregando o que se coñece co nome de Mano Guidoniana, onde cada parte da man indicaba unha altura.
Foi o creador do tetragrama (4 liñas) e da notación cuadrada, antecesores do que serán o pentagrama e as notas redondas que empregamos hoxe en día.
Tamén é o creador da Solmisación, que ven sendo o nome das notas: a través do Himno de San Ioan, no comezo de cada verso e con diferente altura, empregando a primeira sílaba, xurdiron 6 notas: Ut, Re, Mi, Fa, Sol, La. Posteriormente engadiuse o Si (das dúas primeiras letras de San Ioan); e no s. XVII cambiouse o Ut polo Do.

Nesa mesma época, Odón de Cluny, empregaba un sistema de notación baseado en letras, que a día de hoxe todavía permanece, na notación anglosaxona (A, B, C, D, E, F, G).