Modos griegos
Lembrade que no tema da tonalidade, explicamos que a modalidade (o modo) era a colocación de tons e semitóns dentro dunha escala.
A tonalidade e modalidade que coñecemos (Sol M, Mi m, Fa M, etc) só son un tipo dos modos que existían e están relacionados co que se coñece co nome de "música clásica", a música que se compón dende o Barroco ata o s. XX.
Viaxamos ata Grecia para coñecer o asentamento das bases da nosa música.
Pitágoras e o seu grupo de colegas crearon un sistema musical baseado no tetracordio: 4 notas formado por 2 tons e 1 semitón sempre descendentes.
Dependendo de onde estivera colocado o semitón terían diferentes modos ou escalas.
Unindo dous tetracordos simétricos (co semitón no mesmo lugar) obtiveron os modos gregos, que recibiron o nome de antigas provincias gregas:
Dórico
Frigio
Lidio
Mixolidio
Máis adiante engadiron un 4º modo, no que os tetracordos eran asimétricos (non tiñan o semitón no mesmo lugar) que denominouse Mixolido, por estar moi preto do Lidio.
A partir deste 4 modos xurdiron outros 4, ao invertir a orde dos tetracordos, empregando o prefixo hipo- para nomealos.
Hipodórico
Hipofrigio
Hipolidio
Hipomixolidio
Na época grega non exitían as notas como as coñecemos hoxe en día, nin os pentagramas, as claves ou as figuras.
Os gregos para escribir a música empregaban letras ou signos que procedían dos alfabetos. Tiñan signos específicos para a música instrumental e outros para a vocal, pero todos facían referencia a altura das notas, non o ritmo.
Aquí tendes un exemplo, o Epitafio de Seikilos, unha das partituras mellor conservadas:
