Saltar navegación

Deseños rítmicos

Os compases dispares

numerador 5, denominador 8Para poder comprender estes compases temos que repasar os elementos do compás:  o numerador e o denominador.

 

 


Unha vez que temos claro isto, podemos traballar cos novos compases.


Os compases
 dispares son compases que teñen diferente agrupación de figuras en cada un dos seus pulsos. 



Cando os medimos, a sensación é que o compás queda coxo, incompleto. Tendes que ter moito coidado: non é unha tercina!, son corcheas de igual valor en cada un dos pulsos.

7 /8 escoita o audio 

O erro que se comete: 


Para saber como se miden empregaremos este truco: 

5/8 dous pulsos como 6/8, 7/8 e 8/8 3 pulsos como 9/8, 10/8, 11/8 4 pulsos como 12/8

Todos estes compases teñen o denominador 8, pero uns (os vermellos) son compases compostos, cos que xa traballamos (6/8, 9/8 e 12/8) e coñecemos como se miden. Pois os compases dispares que se atopan antes que eles, segundo o número que aparece no numerador, teñen os mesmo pulsos.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)