Os modos na actualidade
O sistema modal que xurdiu no s. IX evolucionou ata que no Barroco só se empregaban 2 dos modos que existían, desenvolvéndose o concepto de tonalidade tal e como a coñecemos.
Pero a partir do s. XIX retomouse o uso dos distintos modos, nunha volta ao pasado, e na actualidade seguen empregándose na música de jazz, na música popular, no folclore, etc.
Empregan os nomes gregos pero a disposición dos modos eclesiásticos, así temos:
Jónico
Dórico
Frigio
Lidio
Mixolidio
Eólico
Locrio
Os modos Jónico e Eólico son os que se corresponden co modo Maior e o modo menor.
Para poder identificar as distintas escalas modais e poder realizalas, tomaremos como referencia a distancia de cada unha das notas coa nota DO.
Por exemplo, se queremos saber como é a escala Fa Dórico, seguiremos os pasos:
- Dórico comeza pola nota RE 
- A relación entre RE e DO é unha 2ª Maior descendente. 
- Tomamos a nota FA e baixámoslle unha 2ª Maior descendente: Mib
- Mib M ten 3 bemois, polo que a escala modal Fa Dórica sería:
