Despois de traballar as escalas de todos os tipos, imos centrarnos nos modos. Sabedes o que é?
Sabemos que o modo fai referencia a maior ou menor, verdade? Pero imos descubrir que hai outros modos e que veñen de tempos moi afastados, como Grecia ou a Idade Media.
Que interesante, non si?
Seguiremos traballando co ritmo, nesta ocasión cos tempos dispares que xa comezamos a ver o curso pasado, aqueles que non tiñan todas as partes iguais e que parece que están coxos. Será divertido!
E entoaremos melodías mentres damos un paseo pola nosa terra galega da man dunha compositora con acento alemán, quen será?
Comezamos!