Información básica
DESCRICIÓN DA ACTIVIDADE: Imos deseñar unha bóla máxica 8 e programarémola coa placa micro:bit.
QUE TEÑO QUE TER? COMO O FAGO?
Observade e valorade o material que tedes: material de refugallo ou elementos que poidades traer da casa. Se tedes algún elemento con forma esférica, asegurádevos de que se lle pode facer un visor e introducir a placa micro:bit.
Queredes deseñar a vosa propia bóla? No recurso dixital tedes un breve titorial sobre o uso de Xeoxebra. No titorial indícase como facer un dodecaedro pero pode ser outra figura. Se non, tamén podedes coller un modelo na rede. Se buscades material de Xeoxebra para imprimir, tedes múltiples opcións. Non temos porque usar un dodecaedro, o que tedes que asegurarvos é que a micro:bit pode ir dentro da figura escollida.