Elabora o proxecto paso a paso
A partir do bocexo, os equipos farán o prototipo da bóla máxica programable coa micro:bit, que terá 8 respostas diferentes facendo honra ao nome da mesma. Os equipos van programar a placa con números aleatorios do 1 ao 8, dándolle un valor de resposta a cada número. A placa funcionará ao axitar a bóla. Para poder usala sen estar conectada ao ordenador, usaremos o conector de pilas da placa.