Aspectos a ter en conta
Para achegarnos ao funcionamento da placa micro:bit, e aproveitando que na ODE 3 traballamos os circuítos eléctricos, imos usar a Experiment Box para facer pequenas prácticas de programación. Con esta caixa podemos programar pequenos circuítos eléctricos, mesturando o programa MakeCode coa parte manipulativa da montaxe mediante diferentes prácticas, para que o alumnado se achegue ao manexo da placa micro:bit.