Saltar navegación

3. Idear

Como funciona...

Unha vez que o alumnado xa coñece a bóla máxica e fixo as primeiras prácticas coa placa micro:bit, imos programar a placa con 3 respostas aleatorias, utilizando o programa MakeCode. Unha vez feito isto, utilizaremos o programa Xeoxebra para deseñar e construir unha figura xeométrica na que inserir a placa, utilizando papel e cartón como base para construír a nosa bóla máxica. Desta forma, mesturamos a parte de programación coa parte de deseño técnico e manipulativo.