Saltar navegación

1. Empatizar

Demostra canto sabes do tema

Comezamos xogando coa bóla máxica 8. O xogo consiste en explicar que somos videntes e que podemos predicir o futuro. O único que deben facer e lanzar unha pregunta e deixar falar á bóla. Cada equipo escribirá 4 preguntas (sobre o que queiran) que se poidan responder con “sí” ou “non” e logo, por quendas, iremos preguntando. Axitaremos a bóla e leremos a resposta nunha pequena fiestra. Ao finalizar o xogo, tentaremos entender como funciona a bóla máxica e a súa relación co azar e a probabilidade.