FACENDO NÚMEROS
.
Estaredes de acordo cando dicimos que o panorama musical cambiou moitísimo nas últimas décadas, non? Apareceron novos estilos musicais como o "trap", o "reggaeton" ou o "K-Ṕop" que están irrumpindo con forza en tódalas listas de reprodución internacionais. O certo é que a industria ten que adaptarse a todos estes cambios, e buscar maneiras de facer que a carreira dun artista sexa rentábel apostando pola innovación. As redes sociais e as plataformas de reprodución en streaming son sen dúbida as maiores fontes de ingresos na actualidade, pero os concertos, a venta de discos ou os dereitos de autor seguen supoñendo un recurso importante para as discográficas.
En realidade non sempre un éxito en reproducións significa un éxito en ventas, de feito está comprobado que as cancións máis escoitadas non coinciden coas cancións que máis diñeiro recaudaron... pero iso é outro tema. Nesta actividade amósanse unha serie de cancións dentro nunha listaxe, todas elas distintas pero todas elas dentro das dez máis reproducidas de todos os tempos. Antes de comezar, recoméndovos escoitar cada unha delas (empregando o voso navegador) por se tedes algunha dúbida ou non a coñecedes. Despois deberedes ordenar a listaxe colocando as cancións que consideredes por orde de maior a menor número de escoitas neste ranking mundial. Imos aló!
- "Bohemian Rhapsody" - Queen
- "Imagine" - John Lennon
- "Shape of You" - Ed Sheeran
- "Billie Jean" - Michael Jackson
- "Like a Rolling Stone" - Bob Dylan
- "Hey Jude" - The Beatles
- "Despacito" - Luis Fonsi y Daddy Yankee
- "Smells Like Teen Spirit" - Nirvana
- "Rolling in the Deep" - Adele
- "Hotel California" - Eagles