Cadea de montaxe musical
De seguro que calqueira de vós experimentou nalgunha ocasión esa fermosa sensación de atoparse no momento xusto e no lugar indicado, ben acompañados, iso sempre, da canción axeitada. Pois ben, esa canción que nós escoitamos é en realidade o produto final nun proceso, unha idea que vai tomando forma ao longo dunha especie de "cadea de montaxe" musical, na que interveñen diferentes persoas. Existen polo tanto, oficios concretos e especialistas que traballan a prol de conseguir xuntar ordenadamente cada unha das partes que son necesarias para acadar un bo resultado conxunto, e lograr fabricar así a canción perfecta.
DESTRAMANDO A CADEA DE MONTAXE!
No seguinte diagrama de tempo, iremos comprobando cales son eses axentes que interveñen na produción musical dende o seu inicio, de xeito que pouco a pouco coñeceremos como se vai xestando unha canción cando vai pasando de man en man. Para comezar, imos a establecer tres niveis de tempo sinxelos que nos irán indicando de maneira ordenada as diferentes partes que interveñen no proceso (antes, durante e despois). Picade nas diferentes iconas para ir avanzando. Imos aló!
ANTES...
Todo hit musical que se aprecie comeza cunha idea orixinal, por pequena que sexa, e esta pode aparecer de moitas maneiras... en forma de retrouso, cantaruxando unha fermosa melodía, nunha transición de notas ou acordes tocando o piano, etc. O importante é que neste momento musical de inspiración nace un xerme, froito do traballo persoal ou ben da casualidade ou a improvisación, que se aproveitará para transformarse en algo máis grande. Neste primeiro chanzo distinguimos as seguintes figuras dentro do sector da industria musical.
Compositor/a
É, sen dúbida, a persoa encargada de crear dende os seus inicios. De feito o proceso de creación musical coñécese co nome de "compoñer"... e quen se non o compositor ou compositora podería facelo? Xeralmente adoitan ser persoas con moita formación musical e experiencia, capaces de empregar a música para transmitir os sentimentos desexados recurrindo aos diferentes xéneros musicais. Nesta etapa elabórase unha versión inicial da obra, que despois será presentada a unha banda ou artista para que a cante.
Letrista
Casi me esquezo! A figura do/a letrista non podería faltar baixo ningún concepto. En realidade non toda a música ten letra, por iso diferenciamos entre música instrumental (soamente se empregan instrumentos musicais) e música vocal (na que interveñen voces e intrumentos). Na parte que nos ocupa neste momento, a múscia vocal, o acompañamento e a voz funcionan como un tándem e teñen un significado en conxunto, de maneira que se falla algún deles a canción perde o sentido por completo. Poderíamos decir que a persoa encargada de crear a letra ten unha faceta poética, xa que ben sabido é que a maior parte das cancións teñen rima, pero ademáis debe facer cadrar a parte vocal coa musical, tarefa que non resulta nada doada, creedeme!
Arreglista
É a persoa que ten a misión de adaptar esa versión inicial da obra que realiza o compositor dependendo da formación instrumental ou intérprete que a queira cantar. Para conseguilo deberá reescribir as partituras, facendo as modificacións que se precisen para sacarlle o máximo partido á peza musical. Como podedes imaxinar, non se plantexa de igual maneira unha obra composta para unha orquestra sinfónica que para un cuarteto de violíns, ou para unha banda de heavy metal. Cada detalle conta, e o arreglista xoga un papel fundamental para que despois cada un dos músicos poida ter unha partitura en condicións axeitadas.
DURANTE...
Neste epígrafe mergullarémonos de cheo en cómo se leva a práctica esa idea musical, é dicir, en cómo se produce a maxia para que todas esas partituras repletas de notas se convertan en un arquivo de audio que despois todo o mundo poida reproducir cando considere. É unha parte do proceso moi delicada e todos os movementos deben ser calculados ó milímetro, xa que unha vez finalizada esta parte e publicada a canción non haberá volta atrás! Iso si... sempre se poderán sacar versións ou facer modificacións nos conceertos. Non perdades ollo!
Músicos de sesión
A maior parte das producións musicais son gravadas polos compoñentes que integran a banda, tanto músicos como cantantes. Pero en ocasións ocorre que por motivos de guión teñen que recorrer a algún artista invitado que se precise (xeralmente músicos que tocan instrumentos menos habituais ou ben que sexan moi virtuosos técnicamente) e poder afrontar así gravación da mellor forma posíbel. Son os coñecidos como músicos de sesión, e colaboran con diferentes artistas como especialistas cando se precisan.
Intérprete
Por norma xeral son a cara visible do proxecto, os cabezas de cartel que poñen a súa voz e firman a canción como propia (aínda que na maioría dos casos os dereitos legais pertencen a varias persoas). Inconscientemente atrubuímoslles a fama, e o certo é que a merecen, pero non máis que calquera outra das persoas que interveñen no proceso creativo.
Técnico de son
Chegados a este punto temos que resaltar a figura do técnico de son, a persoa encargada de manexar todos os equipos de gravación e edición de audio para conseguir o mellor resultado no estudo, debe manexar dende a preparación dos micrófonos ata o emprego de programas informáticos (dos que por certo forma parte o famoso Auto-tune).
DESPOIS...
Pensades que unha vez rematada a fase de gravación chegamos ao final, non si? Pois nada máis lonxe da realidade. O certo é que xa temos o noso produto listo pero... non o podemos vender se ninguen o quere comprar! Agora toca facer un pouco de marketing para dar a coñecer a nosa obra de arte, e quen sabe, quizás a acollida popular sexa fantástica e o noso novo tema pegue todo un pelotazo! Para conseguilo precisaremos un pouquiño de axuda, imos aló!
Representante
Non é unha figura obrigada, pero casa a totalidade dos artistas profesionais contan cunha persoa de confianza sobre a que o resto das persoas se poden poñer en contacto para solicitar contratacións, concertos, acordos con empresas ou anuncios publicitarios. Un artista famoso está sempre moi ocupado... e non ten tempo para xestionar todo ese papeleo, polo que precisa dunha persoa que o represente para asinar acordos no seu nome.
"Road manger"
E por último, se a nosa nova canción supuxo todo un éxito... agora toca percorrer cantos máis escenarios mellor! É a mellor forma de que todas as persoas das diferentes cidades a poidan coñecer en directo, cun show diferente e único en cada ocasión. Pero quen se encarga de planificar todo isto? Os temas organizativos desta trepidante viaxe son competencia do road manager, e aquí inclúense elementos como o transporte, hoteis, persoal necesario para montar e desmontar os concertos, temas loxísticos para mover os intrumentos, datas e lugares dos espectáculos... e unha longa lista de tarefas! Uff, pois menos mal que alguen o fai por nós!
Existen algunhas figuras que están SEMPRE presentes cando un artista decide sacar un novo disco, interactúan de maneira permanente con el e inflúen moito no resultado final. Xeralmente traballan para unha empresa ou selo discográfico co que o artista en cuestión ten un contrato firmado, e a súa labor e intentar chegar a un acordo entre todas as partes para conseguir vender o máximo posíbel e realizar un traballo de calidade. Queres saber cales son? Sigue lendo!
Director/a musical
O encargado de sincronizar aos músicos e o cantante, comprobar que as partituras están ben e que todas as pezas do crebacabezas encaixan a perfección. No plano musical ten a última palabra, e é que decide si unha gravación esta ben ou debemos repetila unha, outra, e outra vez ata que quede perfecta!
Produtor/a musical
A súa función non soamente é a de crear éxitos, senón tamén exercer de cazatalentos e apostar por artistas pouco coñecidos pero que teñen moito potencial para triunfar. Existen produtores que traballan para varios intérpretes ao mesmo tempo, e son responsables de moitos dos éxitos das súas carreiras. Supoñen o nexo de unión entre os cantntes e as empresas discográficas, e son sen lugar a dúbidas, unha das figuras máis importantes da súa traxectoria.